Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2005.
Onte, no campo de terra de fútbol de Conxo, disputouse un encontro amigable en honra a un compañeiro e amigo que pola mala fortuna, foinos quitado o día 28 de Xullo deste ano. Todos sabemos que a estrada é traizoeira, e levounos a unha das millores persoas que había no mundo. Se non soa a tópico cando se di que sempre se van os millores... neste caso é ben certo... Foise un excelente amigo, co que eu compartín numerosas anédotas, diversos partidos de fútbol e de baloncesto... Moitas aventuras, e dame moita mágoa que non foran moitas máis... Coñecín a Óscar no Antón Fraguas, foi comigo dous ou tres cursos no instituto, e xa fixemos boas migas dende o primeiro día... Correxíame os traballos e deberes da clase (era moi bo estudante e moi traballador), xogamos pachangas no recreo de fútbol (el era un grandísimo xogador, deso os do Conxo tiñan moi boa nota, ó igual que o Compos...) e tamén de baloncesto... (como desesperaba con el, ademais de ser alto, era o único capaz de facer mates sen pestanexar...) En fin, un grande amigo, grande compañeiro, estudante, mozo, fillo... Unha grandísima persoa... Quero pensar que el saiba que estea onde estea, sempre o recordaremos e non sairá nunca da nosa memoria esa imaxe sorrinte que el sempre tiña na faciana... En fin Óscar es o millor... O partido foi entre o seu equipo, o Conxo de xuvenís e unha selección dos grandes compañeiros cos que el estivo xogando gran parte da súa vida... O partido comezou bastante turbio, con varias ocasións dos dous equipos... O primeiro gol foi do Conxo, un excepcional remate de cabeza que non puido deter Vilarinho, a pesar de estar moi ben posicionado... Pero, minutos despois este home tiña que aparecer... Iván Pérez, actual xogador do Laracha de Terceira, driblou de maneira incríble a dous rivais e conectou un fortísimo disparo coa esquerda... Vaia golazo!!!! O máis emotivo e que todo o equipo foi a darlle un abrazo á nai de Óscar e Iván alzou a súa mirada e o seu brazo ó ceo... Para ti Óscar... Unha excelente actuación do gardameta Óscar Vilarinho evitou que o Conxo se adiantase ó marcador... Na segunda metade, a selección impúxose con tres excelentes tantos, pero daba igual, porque o partido era para Óscar. O público ovacionou a ámbolos dous equipos, que deron espectáculo, todo o que puideron para Óscar... Lembrarémoste sempre, non te esqueceremos... Clica aquí para descargar o anuncio en .pdf (Ábrese con Acrobat Reader) Clica aquí para telo en .jpeg (Ábrese con calquera programa de visión fotográfica) A continuación, amósovos un anuncio en prensa, un traballo máis para 2º de Publicidade na asignatura de medios impresos. Quizais o veredes demasiado pequeno nesta imaxe, pero colócovos unha ligazón na que poderedes observar o anuncio tanto en .pdf coma en .jpeg... Non sei se a idea é do máis ocurrente, pero non creo que a cachola me dea para moito máis... Que lle imos facer... A ver que vos parece... Clica aquí para descargar este desternillante audio Xose Ramón Gayoso dende a Televisión de Galicia no Luar... Se alguén chama o teu teléfono... e di iso... Ti que contestarías? Eu non che sei, pero coido que nalgures alguén contestoulle de maneira máis que orixinal... E ademáis sen andar con rodeos... Se é que non se pode chamar a esas horas da noite teclando no aparello... O Luar debería ser máis cedo para que non pasaran esta clase de "incidentes"... 5 minutos de aplausos sen cesar... Non era para menos... A cámara de Teatro Ditea demostrou todo o seu potencial, e deixou en dúbida iso de que se lle chame Teatro Afeccionado... Demostrouse este mércores á noite, no Salón Teatro de Santiago, que non falamos de "afeccionados" precisamente... A obra representado por este elenco de artistas foi Melocotón en almíbar de Miguel Mihura, pero adaptaba ó galego, co título Melocotón en xarope... Case dúas horas de teatro nas que non existiu o aburrimento, e o sorriso era a tónica do día nas facianas dos espectadores. Nun teatro a rebosar, os actores do grupo Ditea, fixéronnos rir, sentir desacougo, medo, intriga... Unha multitude de sentimentos en só unha obra de teatro. Incrible... Das millores obras que vin na miña vida... (que conste que tampouco vin muitas, pero esta caloume fondo) Os actores e actrices do grupo Ditea son: Lara Rozados, Ramón Valiño, Antonio Ramos, Alberte Álvarez, Lucrecia Carril, Martina Martínez e Xaquín Lorenzo. Dirixida por Antón Casas. Uns atracadores de xoiería están agochados nun piso en Madrid. O atraco en Burgos obrígalles a ter unha coartada: son turistas venezolanos que viñeron a pasar unhas vacacións a España, e estiveron no sur, en Sevilla concretamente. O maior do grupo, "o Neno", collera un arrefriado e precisaba de atención médica... A preocupación da dona piso era un obstáculo polo que deberían de pasar, ademáis de pola enfermeira que tiña que coidar do neno... Pero en Madrid, as enfermeiras non estaban dispoñibeles, e tiveron que contar cunha monxiña, coitadiña dela, que tiña pinta de ser moi boa persoa... Quen ía imaxinar que esta monxa acabaría sendo a gran preocupación dos atracadores... Non vos conto máis, porque espero que este grupo volva os escenarios con esta obra... Para máis información sobre a obra e Ditea visite esta páxina Descarga o trailer da curtametraxe para coñecer máis Retrato Este venres tivemos a posibilidade de acudir á estrea de Retrato, a última curtametraxe do director santiagués Jairo Iglesias. É moi ilusionante pensar que un amigo ó que coñeces dende que tiña 3 anos sexa capaz de facer estas marabillas... A estrea realizouse no Centro de Arte Galego Contemporáneo, o venres 16 ás 22.15 da noite... Jairo explicou que, despois de tanto tempo agardando, podía estrear esta curta que fixera con tanta ilusión... Unha historia de amor, na que realmente comprendemos que hai que aproveita-lo tempo, que só se vive unha vez, que hai que disfrutar das cousas bonitas da vida... Cun reparto con ganador dun Goya Tamar Novas, e tamén, Sara Casasnovas, María Castro e Sergio Suárez... Por outra banda, Jairo quixo adicar esta curtametraxe a un dos seus millores amigos, que por desgracia, foinos roubado hai cinco meses... Óscar Muiño volveu a ser recordado por todos, nun, segundo dixo o director: "...Este cortometraje no tiene nada que ver con él, pero es un pequeño homenaje que le rindo..." Sen dúbida, unha curtametraxe excepcional que espero que sexa posible voltala a ver en máis salas de Galicia, e ogallá, de España... NORABOA JAIRO, SEGUE ASÍ QUE HAS DE CHEGAR LONXE... Descarga aquí a millor rima de toda a película de 8 Millas...Everybody to the 313 Quero ensinarvos unha letra dunha batalla de rap, o máis puro estilo regueifa. Esta dáse en Detroit, no pub Shelter, onde tódolos venres celébranse batallas deste tipo. B-Rabbit enfróntase na final ó vixente campión Papa Doc. Cos nervios a flor de pel, e cunha rivalidade extrema entre os dous, B-Rabbit saca a relucir esta brillante rima. Espero que vos guste. Este é o momento álxido da película 8 Millas. Quero comunicarvos que estas datas poden parecer a cousa máis artificial, superficial e consumista do mundo... Pero parte do que se forma é certo... Son unhas datas para estar cos teus, e creas ou non no espírito do Nadal, este acábanos invadindo... Polo tanto, non é xusto non darlle unha oportunidade ó Nadal, porque fainos crer na maxia, na posibilidade de cambiar, de que os nosos desexos se fagan realidade... Unha tempada para soñar, divertirse, rir, chorar... É muito máis do que nos imaxinamos... Eu non son unha persoa pronadal, pero si unha persoa prosentimentos xerados polo Nadal... Non é para nada doado explicar o que significa, o que sintes, como te encontras... Eu simplesmente quero felicitar a todo o mundo por ser como é, a tódolos meus amigos, que os quero por ser eles mesmos, e a miña familia... Porque é bonito, porque hai que disfrutar e porque o Nadal é máxico... Se non cres en nada disto, millor non fagas o paripé, aínda que aconsello que sexades o máis felices que podades... BO NADAL E UN MOI, MOI FELIZ ANO 2006, PARA QUE TODO O QUE DESEXAMOS QUE SUCEDESE ESTE ANO E NON PUIDO SER, CÚMPRASE NESTE VENIDEIRO... (Quizais o artigo quede un pouco raro e insustancial, pero eu emprego a escritura autómatica, e así quedou...) Non sabedes todos vós canto lamentei non poder estar nas gradas do Multiusos de San Lázaro de Santiago de Compostela... Por fin voltaríamos ver tódolos santiagueses, ese estadio cheo por completo, ó igual que estivo nos tempos nos que a Sociedade Deportiva Compostela estaba na Primeira División. Por iso, e porque ademáis, despois de, nada máis e nada menos que sesenta e nove anos que a Selección Galega de Fútbol non xogaba un amigable... E este foi ante Uruguai, terra na que moitos dos nosos paisanos están a vivir por mor da emigración, e noutras circunstancias, do exilio... Para ser francos, a selección charrúa, non era a bicampiona do mundo dos anos 30 e 50, senón que enfrontámonos ante unha selección abatida tralo fiasco de non podere clasificarse para o Mundial de Alemaña, e con ausencias tan notables coma as de Nestor Fabián Cannobio (xogador celtiña), Diego Forlán (do submarelo amarelo), e o Chino Recoba (xogador do Inter de Milán)... Pero os galegos si tivemos o noso Chino, Roberto Losada, aínda que este non andou moi fino ca porta uruguaia... Pero si Nano... O coruñés rematou ó fondo das redes un centro de Xulio Álvarez que supuxo o un a cero... O primeiro gol galego dende hai case 70 anos!!!! Sinceiramente, non esperaba que a selección galega xogase dese xeito... O comezo do partido, o equipo custáballe moito saír co balón xogado, aínda que co paso dos minutos puidemos ver unha escadra que movía o esférico ó primeiro toque, e que deixaba detalles de calidade, sobre todo por futbolistas coma Pablo Álvarez, Emilio Viqueira ou Borja... Ademáis, debemos ter en conta, que dous pilares básicos do equipo galego non estaban dispoñibles, coma Borja Oubiña e Fran, que estaban tocados e non podían desputar este encontro. O amigable tamén o perdeu o goleador do Glasgow Rangers, Nacho Novo (non o actor, un futbolista... Na segunda metade, un equipo totalmente novo, entrou xa con gañas de remata-la festa. Deus, xogador que chegara rebotado tralas ausencias doutros xogadores que non estaban dispoñibles, fixo o segundo gol, tras un excelente pase de Juanito, o xogador do Racing... E o mesmo Deus sería o encargado de marcar o terceiro... Un gol para enmarcar... Túnel de Viqueira a un rival, pase a Michel Salgado, e o madridista, centra coa dereita por alto, de xeito que Deus remata de volea sen que o gardamallas Carini nada puidese facer... Tres a cero... Tres a cero a Uruguai... Isto é incríble... Boeno, ademáis, os uruguaios marcaron dous goles, ó final do partido, tras dous despistes de Noguerol, nos que o gardameta Roberto do Sporting de Xixón, nada puido facer... Pero ó máis importante non é a victoria... O máis importante é ver unha afición galega, cantando Queixumes dos Pinos para empezar, e logo Eu traio unha borracheira... Máis tarde A Rianxeira... Vai o jol, ajora vai o jol.... Un verdadeiro festival no que tódolos galegos desfrutaron do millor fútbol... E que haxa moitos máis... |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras